emisora

Onda Cero Pontevedra

24/10/2018 06:00

Pontevedra en la Onda (24-10-2018)

Repasamos a actualidade da xornada e miramos cara o cárcere da Lama, que hoxe secunda a primeira folga xeral da Historia no sistema penitenciario do país. Visítanos a avogada experta en Dereito Fiscal, María Cobián e, como cada mércores, somos altavoz das mulleres do fondo da Ría de Pontevedra, hoxe convidamos a Alicia Montes, empresaria e secretaria de AJE. Adiantámonos á inauguración do Foro RIES conversando sobre "smarte cities" con Carlos Moreno, investigador, catedrático na Universidade da Sorbona e asesor da alcaldesa de París. Completamos o programa coa visita da nosa coach de cabeceira, Raquel Pedrouso

Onda Cero Pontevedra

23/10/2018 06:00

Pontevedra en la Onda (23-10-2018)

Repasamos a actualidade da xornada, conversamos coa "Plataforma Non á Depuradora dos Praceres" e buscamos a predicción metereolóxica. No almorzo informativo convidamos ao secretario provincial do PSdG, David Regades e, ademais, ampliamos as nosas bibliotecas particulares con novas recomendacións Cronopios

Onda Cero Pontevedra

22/10/2018 06:00

Pontevedra en la Onda (22-10-2018)

Comezamos a semana analizando a actualidade e conversando co alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela. Todos os luns facemos memoria coñecendo os proxectos e actividades do programa municipal "A Memoria das Mulleres", hoxe visítannos a xornalista e escritora Montse Fajardo, do equipo redactor do programa, e María Lores, veciña de Mourente. Ademais, abrimos o espazo de motor semanal e completamos o programa cunha nova edición de "Cántamo... en galego!"

Onda Cero Pontevedra

18/10/2018 06:00

Pontevedra en la Onda (18-10-2018)

Repasamos a actualidade do día e conversamos co alcalde da Lama, Jorge Canda. No tempo da entrevista analizamos a actualidade co delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Jose Manuel Cores Tourís. Ademais, os xoves falamos de saúde e recibimos a visita de Carmen Quinteiro.

Onda Cero Pontevedra

17/10/2018 06:00

Pontevedra en la Onda (17-10-2018)

O inicio do programa trae a actualidade do día e entrevista co portavoz municipal do PSdG, Agustín Fernández. Cada mércores somos altavoz das mulleres do fondo da Ría de Pontevedra, hoxe convidamos a Diana Pastoriza e Conchi Pereiro, xerente e vicesecretaria de AEMPE. Rematamos o programa "entre dúas augas" con Rena Ortega

Exposición no Pazo da Cultura

17/10/2018 06:00

Alba Sotelo presenta "Voltar a Ítaca"

Estivo con nós no programa a fotógrafa bueuense Alba Sotelo, ata o 18 de novembro podemos visitar no Pazo da Cultura de Pontevedra a súa exposición "Voltar á ítaca", unha mostra fotográfica co mar como fío condutor. Escoita aquí a entrevista en "Pontevedra na Onda" con Susana Pedreira

Onda Cero Pontevedra

16/10/2018 06:00

Pontevedra en la Onda (16-10-2018)

Repasamos a actualidade da xornada e buscamos a predicción metereolóxica neste martes 16 de outubro. No almorzo informativo conversamos co alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín. Ademais, ampliamos as nosas bibliotecas particulares con novas recomendacións Cronopios

DÁLLE Á LINGUA 2018-2019

15/10/2018 06:00

DÁLLE Á LINGUA 2018-2019

15/10/2018 06:00

Dálle á Lingua IES Torrente Ballester (outubro 2018)

Dálle á lingua é un programa de Onda Cero Pontevedra que se emite en torno a 11:50 horas de luns a venres co patrocinio de Normalización Lingüistica do Concello de Pontevedra e A Devesa.Os mozos e mozas do instituto len e recitan textos de Eli Ríos, Xose Neira Vilas, Sachu Sende, Luis Pimentel, Celso Emilio Ferreiro, Maria Victoria Moreno entre outros.

Onda Cero Pontevedra

10/10/2018 06:00

Pontevedra en la Onda (10-10-2018)

Repasamos a actualidade da xornada e conversamos co presidente do PP de Pontevedra, Rafael Domínguez. Buscamos a predicción do tempo para a ponte festiva e planificamos unha visita ao Grove para desfrutar das Xornadas Gastronómicas organizadas por EMGROBES. Como cada mércores, somos altavoz das mulleres do fondo da Ría de Pontevedra, hoxe convidamos a unha psicóloga e a unha usuaria da Asociación Juan XXIII. Completamos o programa coa visita da nosa coach de cabeceira, Raquel Pedrouso

Onda Cero POntevedra

04/10/2018 06:00

Pontevedra en la Onda (11-10-2018)

Repasamos a actualidade do día e buscamos a predicción do tempo antes de conversar co director de cine Dani de la Torre, hoxe chega aos cines "La sombra de la ley", a súa última película con parte da rodaxe centrada en Pontevedra. Ademais, os xoves falamos de saúde e recibimos a visita de Carmen Quinteiro. Completamos o programa cunha axenda cultural e de ocio para desfrutar da ponte festiva