Concello de ourense
12/01/2022 09:24
O Concello dotará de drons os servizos de Policía Local, Bombeiros e Protección Civil
A Concellería de Seguridade Cidadá valora agora diferentes modelos para buscar o que poida resultar de maior utilidade a estes servizos. Tamén proporcionaralle formación ao persoal de Policía Local, Bombeiros e Protección Civil para que poidan extraerlle o mellor rendemento a estes equipos.










