Ourense Cidade
22/12/2022 08:07
“Mellor local, mellor galego” lema do BNG para animar o consumo no comercio local
Como cada ano por estas datas nas que aumenta significativamente o consumo, desde a formación nacionalista lembran a importancia do pequeno comercio e de proximidade para as economías locais, xerando riqueza, postos de traballo e ofertando produtos dunha altísima calidade.










