INTERCÉLTICO DO MORRAZO

O Intercéltico do Morrazo contará con catro grupos clave.

Pedraquetiña, Roi Casal, Riobó e Uxía e Narf, farán vibrar a moita xente a fin de semana do 24 e 25 de xullo en Moaña.

ondacero.es

Vigo | 13.07.2015 11:10

Xa son trinta e un anos consecutivos celebrando un festival que nunca defrauda. O festival, vixente dende o ano 1985, naceu coa finalidade de dar a coñecer ao mundo a nosa música e confluir con outra internacional para acercar á xente a este tipo de xénero musical.

O Intercéltico do Morrazo vén un ano máis para facernos disfrutar con grupos clave neste festival.

Salvador Meira, concelleiro de cultura de Moaña, estivo o venres con nós en Onda Cero Vigo, e a pesares de non ter tido moito tempo este ano por mor das eleccións municipais, haberá actividades complementarias como a xa mítica feira de artesanía que alegra o espírito do festival. Ademais haberá dous campings preto para pernoctar, por un lado o das instalacións de O Beque e o coñecido camping de Tirán.

Meira destacou o obxectivo de comezar a arrimar a música celta á xente máis nova, algo desconectada deste festival nos derradeiros anos, e está totalmente seguro de que esta música "non pasa de moda".

Contaremos o primeiro día de festival con Pedraquetiña e Ribió, e o segundo día pecharán Roi Casal e Uxía e Narf. O festival segue manténdose en pé, a pesares de ser de balde e terse visto a reducción de axudas e subvencións por parte de organismos públicos.

Grazas as asociacións, veciños e ó apoio incondicional do concello de Moaña, esperamos ter Intercéltico para trinta e un anos máis.