O Concello da Estrada estrea photocall na Praza da Constitución. A instalación das letras que conforman o nome do municipio, que quedou localizado aos pés da casa consistorial. Aínda que inicialmente se pensara en situar este atractivo na alameda municipal,
concretamente na parte posterior do edificio do Concello, finalmente optouse pola Praza da Constitución, ao obxecto de que as persoas que decidan tomar unha fotografía a carón destas letras poidan conformar unha estampa co emblemático edificio consistorial de pano
de fondo, integrado no conxunto monumental no que tamén se inclúe o valorado palco da música.
Nadal en A Estrada
A instalación destas letras nestas datas do ano explica o motivo polo que o Concello decidiu desprazar, días atrás, o photocall de Nadal ata deixalo situado a carón do palco. Deste xeito, nestas festas veciños e visitantes poderán escoller dúas postais diferentes.
O nome da Estrada luce nesta composición coas letras en branco. Non obstante, en horario nocturno incorporarase un toque de color a través da luz, xa que o conxunto contará cunha iluminación que, como acontece co propio consistorio, pode irse programando coa tonalidade desexada.

