Organiza Emgrobes

Comezan as Xornadas da Centola no Grove

Coa apertura da veda da centola, comeza este 11 de novembro a XXII edición do evento gastronómico organizado por Emgrobes, e na que colaboran tamén a Confradía de pescadores e a Cofradía do Centolo Larpeiro.

Espazos de lecer e festivos seguros

O Concello impulsa un protocolo fronte ás violencias sexuais no lecer nocturno

A concelleira de Igualdade, Anabel Gulías, presentou o borrador do que será unha ferramenta de prevención, detección e actuación fronte a calquera tipo de violencia sexista para contribuir a crear e consolidar espazos de lecer e festivos seguros para todas e todos. “Malia que as máis das veces somos as mulleres as que sufrimos as violencias sexuais, hai persoas do colectivo LGTBIQA+, que son tamén obxecto desas agresións”, lembrou a concelleira. Hai que lembrar que a violencia sexual ou a ameaza de sufrila é unha das formas prioritarias de limitación de acceso a espazos públicos en clave de igualdade e desde o Concello de Pontevedra trabállase en acadar unha igualdade real e efectiva.