Este mes de septembro o concello de A Estrada acolle unha nova edición da Feira do Moble de Galicia, un sector estratéxico para enfocar as principais oportunidades de presente e futuro do municipio.
O seu novo alcalde, Gonzalo Louzao, asegura que o inicio, este curso, dun ciclo de Formación Profesional nun dos centros educativos consolida o posicionamento do concello; ao mesmo tempo, este feito o convirte nun lugar de grandes opciones para traballar e desenvolver unha profesión con longo percorrido.
A maiores, o responsable municipal asegura que esta situación ven a reforzarse coa construcción dunha vía de alta capacidade, por parte da Xunta, para unir A Estrada con Santiago de Compostela. Unha arteria fundamental para conectar a capital de Galicia con este concello.
E, en breve, comenzará a elaborarse o deseño dun novo orzamento municipal de 2025 (o primeiro para Gonzalo Louzao) cun rumbo certero e claro: potenciar as virtudes dunha vila con infinitas posibilidades de medrar en poboación e oportunidades de vida para moitas persoas.
(Escoita a entrevista completa con Gonzalo Louzao, alcalde de A Estrada)