Máis de Un Pontevedra

Pontenciencia: a importancia de transmitir á ciencia á sociedade en tempo real

Coñecemos a programación da XII Feira da Miniciencia que esta fin de semana se celebra en Pontevedra con Saleta González, responsable técnica. Hoxe visítanos acompañada por Patricia Quintas, responsable da Unidade de Cultura Científica da Delegación do CSIC en Galicia.

Susana Pedreira

Pontevedra |

Pontenciencia é un proxecto que leva máis dunha década fomentando o pensamento crítico na nosa cidade e aproximando unha visión dinámica e atractiva da investigación, a ciencia, a tecnoloxía e a innovación a públicos non vinculados profesionalmente co sector. Un proxecto da Concellaría de Educación do Concello de Pontevedra que conta coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía – Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades. Neste enlace directo á nosa web podes volver escoitar a sección no programa "Máis de Un Pontevedra".