09/05/2025

Entrevista en Más de Uno Pontevedra
  • 20:43 MIN

David Castro: "Ribadumia é un concello comprometido coa mellora continua na prestación de servizos públicos"

MÁS DE UNO PONTEVEDRA

compartir
David Castro: "Ribadumia é un concello comprometido coa mellora continua na prestación de servizos públicos"

O alcalde de Ribadumia non dubida en afirmar que o seu concello é xa un referente na comarca no desenvolvemento rural, tecnolóxico e cultural.

Os datos de crecemento de poboación de Ribadumía teñen directa relación coa sua aposta por políticas de respaldo as persoas que residen nos nucleos do rural, a modernización lumínica de todos os puntos existentes no municipio ou a ampliación do mapa de prestación de servizos sociais e de conciliación da administración local.

O goberno que dirixe David Castro está a piques de aprobar un orzamento municipal 2025 que ascende 4 millóns de euros. No documento económico volve aparecer unha relaxación da presión fiscal aos veciños e veciñas coa finalidade de contribuir a dinamización económica local.

Repasamos a actualidade e as propostas culturais dun concello como Ribadumia. Entre outras cuestións desexamos coñecer a situación económica e financeira do municipio, o estado dos proxectos máis destacados ou o contido dunha nova edición da Festa do Viño de Barrantes. Analizamos esta realidade.

(Escoita a entrevista completa co alcalde David Castro, alcalde de Ribadumia).