Xudicial

A Xustiza ourensá impide un matrimonio de conveniencia

Creen que ela buscaba obter a nacionalidade

Paco Sarria

Ourense |

A Xustiza ourensá impide un matrimonio de conveniencia
A Xustiza ourensá impide un matrimonio de conveniencia | onda cero ourense

A Xuiz encargada do rexistro civil de O Barco de Valdeorras denegou a celebración dun matrimonio civil ó considerar que non existe un verdadeiro consentimiento.

A parella recurríu a decisión tanto no xulgado de instancia como na Audiencia, pero sen éxito.

Os maxistrados chegaron á mesma conclusión que a Xuiz valdeorresa por entender que o enlace tiña como obxecto aproveitar as avantaxes da apariencia matrimonial considerando que se trataba dunha simulación ó detectarse un descoñecemento relevante de ambos membros da parella.

Creen que con este acto civil a muller pretendía adquirir a nacionalidade española.