Vivienda

A Xunta adxudicará oito nvoas viviendas en reximen de aluguer

A Xunta adxudicará o vindeiro día 28 de Novembro oito novas vivendas de promoción pública en réxime de alugueiro entre as persoas que están no rexistro de demandantes

ondacero.es

Ourense | 14.11.2018 08:11

anxeles vazquez
anxeles vazquez | Faro de Vigo

A conselleira de vivenda, Anxeles Vázquez fixo onte unha visita a estes pisos ubicados na rúa Fermín Bouza Brey perto do barrio de Covadonga. Alí lembrou que na actualidade están tamén en obras outras oito vivendas destas características no casco histórico de Ourense cunha inversión total de 2,9 millons de euros. Asemade este mesmo mes a Xunta adquirirá por 800.000 euros novas vivendas para rehabilitar tamén no casco vello. E esta mesma semana vaise asinar o contrato de adxudicación para reformar a alameda de A ponte cunha inversión que rondará os 250.000 euros ao abeiro do Plan Hurbe.

A nova conselleira de vivenda remarcou na sua primeira visita a Ourense que o municipio terá unha “atención prioritaria” da Xunta de Galicia

O alcalde de Ourense Xesús Vázquez agradeceu tanto o respaldo da anterior conselleira de vivenda Ethel Vázquez coma o da nova conselleira de vivenda Anxeles Vázquez ao considerar que están a propiciar actuacions urbanísticas moi positivas para a cidade.