Cultura

Unha exposición conmemora o 150 aniversario da Gramática Gallega

O vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, participou hoxe no IES Otero Pedrayo na inauguración da exposición polo 150 aniversario daGramática Gallega de Juan Antonio Saco Arce.

ondacero.es

Madrid | 23.11.2018 09:29

inaguración exposición
inaguración exposición | onda cero

O vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, participou hoxe no IES Otero Pedrayo na inauguración da exposición polo 150 aniversario daGramática Gallega de Juan Antonio Saco Arce, unha mostra organizada pola Real Academia Galega e na que colaboran a Deputación de Ourense e a Secretaría Xeral de Política Lingüística.

“A Deputación de Ourense congratúlase de colaborar con esta exposición que vén a ser un recoñecemento á “Gramática” de Saco Arce, que como salientou Rosario Álvarez: “Saco Arce merece ser recordado como un home do Rexurdimento”, salientou o vicepresidente do goberno provincial, quen dixo que o obxectivo desta mostra é “achegar ao público a figura do lingüista ourensán e a súa obra no contexto do seu tempo. Obra pioneira na investigación sobre a nosa lingua”.

A Real Academia Galega quere conmemorar, co gallo desta efeméride, a Saco Arce, “o autor da primeira gramática galega”, sinalou Rosendo Fernández, quen lembrou que a Deputación de Ourense “no ano 1987 recoñecía nun libro de Juan Luis Saco Cid, Literatura popular de Galicia, o alto nivel intelectual da persoa que hoxe homenaxeamos”.

No acto tamén participou o director do IES Otero Pedrayo, Daniel Lorenzo; o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; o presidente da Real Academia Galega, Víctor Fernández Freixanes; e o académico correspondente da RAG e comisario da exposición, Afonso Vázquez-Monxardín.