Ourense Cidade

O rexidor sinala que a segunda fase da posta en valor da Ponte Vella e a súa contorna é unha excelente noticia

Vázquez Abad recalca que “seguiremos traballando desde a colaboración e diálogo para continuar acadadando proxectos do que toda a veciñanza ourensá poida sentirse orgullosa”

ondacero.es

Ourense |

ponte vella | onda cero

Logo de que se coñecera que o Consello da Xunta autorizara hoxe a sinatura do convenio de colaboración entre as consellerías de Infraestruturas e Mobilidade e de Cultura e turismo co Concello de Ourense para a execución das obras da 2ª fase da posta en valor da Ponte Vella e da súa contorna, cun investimento de case 1,2 millóns de euros, o alcalde de Ourense sinala que este acordo “exemplifica a importancia da cooperación institucional que sempre defendemos para o avance da cidade. Pasamos das palabras aos feitos e sempre falamos facendo”.

Jesús Vázquez Abad sinala tamén que segunda fase da posta en valor da Ponte Vella e a súa contorna “é a confirmación de que este Goberno mantén e potencia o seu obxectivo de recuperar Patrimonio de Ourense”. Ademáis, recalca que “seguiremos traballando desde a colaboración e diálogo para continuar acadadando proxectos do que toda a veciñanza ourensá poida sentirse orgullosa.