A policía autonómica ten novas instalacións no Pazo de Xustiza
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda inaugurou nas dependencias do antigo Pazo de Xustiza de Ourense os novos locais da Policía Autonómica
A Xunta quixo seguir racionalizando o gasto público e dentro do plan de “alugueiros cero” aproveitou o traslado de servizos xudiciais ao novo pazo para reacondicionar unhas dependencias que quedaron baleiras. Rueda lembraba "se cumple o doble obxectivo de dotar de local a este corpo da policía nacional adscrito á policía autonómica ao tempo que se produce un aforro considerable en alugueres". O vicepresidente sinalou que se viñan pagando uns 85.000 euros anuais de alugueres mentres que reacondicionar estas dependencias supuxo unha inversión de 125.000 euros sen que haxa que seguir pagando alugueres.
Para o vicepresidente da Xunta outro obxectivo importante é incrementar a plantilla da policía autonómica que se sitúa actualmente por debaixo do 80%. Por iso aproveitou para pedir a colaboración do estado dirixíndose ao subdelegado do goberno de Ourens, Emilio González Afonso quen se brindou a facilitar esa colaboración.
O comisario da policía autonómica, Fernando Dopico expresou a sua satisfacción polo compromiso da plantilla actual da policía autonómica e destacou a sua vocación e baixo absentismo. Tamen suliñou a importancia de asentarse en novas dependencias no pazo xudicial dun corpo que na actualidade ten encomendadas competencias en violencia de xénero, menores, medio ambiente e lumes forestais. Precisamente o comisario da policía autonómica aproveitou a ocasión para demandar "máis apoio cidadá nas denuncias dos incendios forestais".
O acto de inauguración do novo local da policía autonómica de Ourense contou ca presencia de representantes das administracións estatal , autonómica e local así coma cargos da xudicatura e das forzas de seguridade aos que tamén o responsable da policía autonómica quixo felicitar pola sua colaboración, particularmente a da Garda Civil