Ourense Cidade

Ourense posiciónase como referente na docencia da robótica

200 profesionais do Ensino de Galicia participaron en 38 actividades formativas sobre realidade virtual, Internet das cousas, programación ou impresión 3D

Óscar Gómez

Ourense | 28.10.2019 13:03 (Publicado 28.10.2019 13:02)

Robótica en La Molinera
Robótica en La Molinera | concello de ourense

O Concello de Ourense sitúase como referente no ensino da robótica e da programación, como sede das Xornadas de Robótica e Programación CEFORE que se desenvolveron durante a pasada fin de semana no Centro de coñecemento e innovación La Molinera. Esta actividade, organizada coa colaboración da Concellería de Educación, Emprego e Promoción Económica, reuniu en Ourense máis de 200 docentes dos ámbitos da Educación Infantil, Primaria, Secundaria e Formación profesional procedentes de diferentes cidades galegas.

Robótica en La Molinera
Robótica en La Molinera | concello de ourense

Durante 12 horas o venres, 25 e o sábado, 26 de outubro, o profesorado participou activamente nun total de 38 actividades guiados por expertos en IOT (Internet das cousas), realidade virtual, robótica, programación, deseño CAD, impresión 3D, cortadora láser, etc.

Robótica en La Molinera
Robótica en La Molinera | concello de ourense

O Concello de Ourense, a través de La Molinera, espazo municipal especializado na transmisión de coñecemento, facilitou os recursos dispoñibles para a realización desta xornada, coa finalidade de contribuír á divulgación e utilización das novas tecnoloxías chamadas a xogar un papel fundamental no presente e no futuro en todos os ámbitos, e moi especialmente neste, o da docencia e a educación da nosa infancia e mocidade.