A Policía Nacional desplegou esta mañá un operativo no barrio de Covadonga (Ourense) realizando rexistros e cacheos en relación co tráfico de estupefacientes. No operativo participaron máis dun cento de axentes tanto da Comisaría ourensá como de fora da provincia.
A operación coincide coa situación de inseguridade que vive o barrio de A Ponte e coas declaracións do delegado do goberno en Galicia, Pedro Blanco, quen dixo que deu ordes á comisaría provincial de incrementar a vixiancia.
Asemade, o subdelegado do goberno en Ourense, Eladio Santos, declarou en Onda Cero que o operativo é consecuencia de semanas de traballo contra actividades delictivas na zona.