Infraestructuras

A Xunta intensifica os traballos de roza e limpieza nas estradas de Ourense

Comezaranse os labores na área de Ourense, Allariz, Celanova, O Carballiño e O Ribeiro e nas zonas da Baixa Limia, Trives, Valdeorras e Viana de Bolo

Óscar Gómez

Ourense | 10.11.2020 08:54

 A Xunta intensifica os traballos de roza e limpieza nas estradas de Ourense
A Xunta intensifica os traballos de roza e limpieza nas estradas de Ourense | onda cero

A Xunta intensificará esta semana os traballos de roza e limpeza nas marxes de distintas estradas de titularidade autonómica na provincia de Ourense. En concreto, iniciaranse os traballos en estradas autonómicas da área de Ourense, Allariz, Celanova, O Carballiño e O Ribeiro; e das zonas de Baixa Limia, Trives, Valdeorras e Viana de Bolo. Ao tempo, continuarán os traballos xa iniciados nas vías autonómicas das zonas de Caldelas, Trives, Viana e na estrada OU-622, no Barco de Valdeorras.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través da empresa pública Seaga, vén realizando nos últimos meses estas tarefas de acondicionamento nas franxas de dominio público de vías autonómicas das catro provincias para previr lumes e reforzar a seguridade viaria.