Infraestructuras

A Xunta inicia novos traballos na estrada OU-113 en Laza

As tarefas prevén a mellora do firme, a creación de cunetas transitables ou o reforzo da sinalización, entre outras actuacións.

Óscar Gómez

Ourense | 18.10.2021 10:05

A Xunta inicia novso traballos na estrada OU-113 en Laza
A Xunta inicia novso traballos na estrada OU-113 en Laza | onda cero

Xunta iniciou novos traballos de reforzo da seguridade viaria na estrada autonómica OU-113 ao seu paso polo concello de Laza, no treito coincidente coa traza da Vía da Prata, co fin de favorecer o tránsito seguro dos peregrinos.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade comezou esta semana os traballos de acondicionamento no tramo da vía comprendido entre os puntos quilométricos 19+500 e 20+490. Estas tarefas están a centrarse na mellora do pavimento e no reforzo da sinalización para identificar este treito do Camiño de Santiago co obxectivo último de protexer os peregrinos, que son usuarios vulnerables nas estradas.

Estas obras súmanse ás que a Xunta vén executando nas últimas semanas en distintos tramos desta estrada autonómica. Neste sentido, o proxecto, a nivel global, tamén inclúe o treito entre os puntos quilométricos 16+230 e 16+780, que vai de Feces de Abaixo a Laza por Verín, ou entre o 29+650 e 30+720, na Alberguería.

Tamén se acometen obras no tramo que vai do punto quilométrico 22+430 ao 22+580, na zona de Soutelo Verde, ou no treito comprendido entre os puntos 34+760 e 35+220, xa no concello de Sarreaus.