Tamarindo Patio Bar

Os xoves do Tamarindo con C.D. Arenteiro

Os xoves do Tamarindo con C.D. Arenteiro

Óscar Gómez

Ourense | 13.05.2021 12:24

O micrófono verde de Onda Cero e as cores verdes de CD Arenteiro foron hoxe da man para celebrar ó ascenso do equipo de Carballiño á nova 2 RFEF en Tamarindo Patio Bar.

Ambicioso proxecto de CD Arenteiro

A tempada comenzaba con novo presidente para o Arenteiro. Argimiro Marnotes daba o salto ó palco de Espiñedo para levar un proxecto con toda a ambición do mundo que ilusionaba desde o principio á afición de Carballiño.

Fran Justo

A chegada de Fran Justo, e o seu corpo técnico, eran a primeira declaración de intencións. Co xoven adestrador o equipo comenzaba a adestrar en horario de mañáns.

Ó Arenteiro chegaban xogadores dos dous equipos da capital:

  • Ourense CF: Diego, Germán Novoa, Portela, Mariña e Renan Zanelli
  • UD Ourense: Rubén Arce, Germán Pérez, Adrían Presas e Markitos

O equipo completabase con fichaxes desde o Pontevedra CF (Alex Fernández e Alvaro Nogueira), do Coruxo a Sylla, do Fabril a Victor Eimil e ata no mercado do inverno con Cissé do Celta B entre outros.

Da tempada anterior continuaban Adrián Pol, Joni e Javi Pazos (fichaxe de inverno tamén do Pontevedra)

O ano da pandemia

O ano non foi fácil para CD Arenteiro (e para os demáis clubes da categoría) con aplazamentos de xornada pola Covid, partidos a porta pechada e mesmo no exilio de Barbantes.

O rendimento deportivo foi impecable desde o primeiro momento. Na primeira fase acadaba o liderato e acadaba a renda suficiente cómo para que na Fase de Ascenso acadase o premio soñado con varias xornadas por diante.

No último partido da temporada, curiosamente ante o tamén ascendido Bergantiños, acadaba o título de campión da última 3ª División da historia.

Noraboa CD Arenteiro