Concello de Ourense

Telmo Ucha supervisou a pé de rúa o dispositivo nocturno da Policía Local

Desde a Concellería mantense un importante reforzo de servizos policiais durante as xornadas nocturnas, coa finalidade de acadar unha maior pacificación do lecer e a erradicación de comportamentos incívicos e violentos.

Óscar Gómez

Ourense | 08.02.2022 08:15

Telmo Ucha supervisou a pé de rúa o dispositivo nocturno da Policía Local
Telmo Ucha supervisou a pé de rúa o dispositivo nocturno da Policía Local | onda cero

O concelleiro de Seguridade Cidadá do Concello de Ourense, Telmo Ucha, supervisou a pé de rúa o dispositivo de seguridade do corpo da Policía Local, nas xornadas nocturnas da pasada fin de semana. Desde a Concellería mantense un importante reforzo de servizos policiais durante as xornadas nocturnas, coa finalidade de acadar unha maior pacificación do lecer e a erradicación de comportamentos incívicos e violentos.

Telmo Ucha, como máximo responsable municipal da seguridade cidadá, supervisou persoalmente a organización e o desenvolvemento dos operativos da fin de semana. A este respecto, cómpre lembrar que por parte do servizo municipal que dirixe Ucha Álvarez estase a realizar un importante esforzo a través da implementación de medidas organizativas que posibilitan un notorio aumento de patrullas policiais operativas en vía pública durante as noites.

En presenza do concelleiro, as unidades operativas do corpo municipal realizaron diversos dispositivos policiais de seguridade, tales como controis específicos enmarcados no plan de hostalaría segura da comunidade autónoma de Galicia, controis dinámicos e estáticos de alcoholemia e drogas, controis do botellón, actos vandálicos e calquera tipo de infracción á norma administrativa. Ademais, levaronse a cabo diversos dispositivos de carácter preventivo e disuasorio, percorrendo a pé en grupos policiais as principais rúas de aglomeración de persoas no Casco Vello, co fin de evitar calquera tipo de altercado e, de producirse, posibilitar unha inmediata intervención policial. A Policía Local tamén se encargou de velar polo cumprimento da totalidade da normativa tanto sanitaria coma de aforos en establecementos de lecer, venda de alcohol a menores, ruídos, vandalismo ou condutas incívicas doutra tipoloxía

Balance Estatístico, nocturno, da Fin de semana 4 a 6 de febreiro de 2022

Realizáronse 3 dispositivos especiais por parte da Policía Local de Ourense (Dispositivos que se realizan todas as fins de semana):

1.- Control Específico de Botellón:

1 Alerta por Liorta na Praza das Mercedes (non se observa a ninguén)

6 Actas por non usar máscara.

2.- Control Hostalería e Horarios de Peche:

8 Actas por non dispoñer de Controladores de acceso de clientes en R/ Pizarro, R/ San Francisco, en R/ Ervedelo.

3 Actas por acceso a local sen certificado Covid en R/ Doutor Fleming e R/ Pizarro.

Ambos os Dispositivos abarcaron “principalmente” diversas zonas do Centro histórico (Calpurnia Habana, Praza do Correxidor, R/ San Pedro, Praza Santa Eufemia, Praza Maior, Praza das Mercedes, etc…), R/ Pena Corneira-Cabeza de Manzaneda, Praza de San Antonio, Zona Auditorio e Zona San Francisco (Parque da Zapatilla).

3.- Controis de Alcoholemia/drogas:

4 Positivos en Alcoholemia (en vía Xudicial): condutora de 20 anos e 2 condutores de 37, 42 e 50 anos en R/ Pena Trevinca, Rúa do Sol e Basilio Alvarez, Jesús Soria.

3 Positivos en Alcoholemia ( en vía Administrativa): condutores de 25 a 35 anos, en R/ Mercurio , Avd. de Buenos Aires e Emilia Pardo Bazán, Avd. de Santiago e Vila Real.

4 positivos en Drogas: condutores de 40 a 45 anos, en R/ Quintián, Montarín e Guizamonde.

3 por Perda de Vixencia do permiso de conducir, condutores de 28, 42 anos e unha muller de 44 anos.

Sumar ao fin de semana: 2 positivos en alcoholemia (en vía Xudicial), 1 por Perda de Vixencia e 5 positivos en Drogas, todos no transcurso da semana

A maiores:

12 chamadas por Ruídos en vivendas, locais e Vía Pública.