Ourense Cidade

A Policía Local incorpora 3 vehículos dotados con mampara de seguridade

Serán utilizados mentres o Concello completa a adquisición de 20 novos vehículos para o servizo municipal.

Óscar Gómez

Ourense | 06.05.2021 09:17

A Policía Local incorpora 3 vehículos dotados con mampara de seguridade
A Policía Local incorpora 3 vehículos dotados con mampara de seguridade | onda cero

A Policía Local do Concello de Ourense dispón desde esta semana de 3 novos vehículos dotados con mampara de seguridade, que utilizará o corpo municipal de forma provisional até que se complete a incorporación de 20 novos vehículos que tramita na actualidade o Concello para este servizo municipal.

No día de onte recibíronse dous coches: un Ford e un Seat e esta tarde recibirase un terceiro, tamén Seat, dotados coas mamparas de seguridade, que se poñen á disposición da Policía Local a través dun contrato de alugueiro temporal. O Concello tramita na actualidade a incorporación doutros 20 vehículos: 6 a través de renting e 14 por compra, que prevé completar nun prazo de 2 meses.

O Concello xestionou o alugueiro dos 3 vehículos logo de que a finais da semana pasada se producisen senllas avarías de vehículos, que requiren realizar traballos de reparación, que se está levando a cabo estes días.

O alugueiro permitirá poñer os coches á disposición da Policía Local mentres se completa a chegada das novas unidades por renting e compra para o servizo municipal.