Nadal 2020

Papá Noel e os Reis Magos achegaranse aos colexios da cidade

Os Reis Magos recibirán os pequenos no Auditorio para que poidan falar con eles e entregarlles as cartas de última hora

Óscar Gómez

Ourense |

Papá Noel e os Reis Magos achegaranse aos colexios da cidade | la voz de galicia

Será un Nadal atípico debido á pandemia da COVID-19: logo de descartar a celebración da tradicional Cabalgata de Reis para evitar aglomeracións na rúa, o Concello de Ourense ultimou un plan para o reparto de caramelos entre os nenos e as nenas menores de 12 anos. Despois de consultalo con diferentes autoridades escolares e sanitarias, os axudantes de Papá Noel e os paxes reais desprazaranse até os colexios da cidade -e non porta a porta, como se planeou nun primeiro momento- para entregar un 'paquete real' con doces en forma de agasallo para os máis pequenos.

Quere así o Concello manteren vivos o espírito e a maxia destas datas chegando á rapazada da cidade da forma máis segura posible, e malia a situación atípica que vivimos no eido sanitario e social, paliar a perda da organización da Cabalgata.

Porén, segue adiante o plan alternativo de emprazar os Reis Magos nun punto estático da cidade para que os pequenos poidan ir visitalos, falar con eles e entregarlles as cartas de última hora no Auditorio de Ourense.