Concello de ourense

Ourense estrea unha nova web de transporte urbano

Cun deseño sinxelo e moderno, o obxectivo deste portal é ofrecer a mellor experiencia dixital aos usuarios do Transporte Urbano de Ourense.

Óscar Gómez

Ourense | 26.05.2022 09:28

 Ourense estreanova web de transporte urbano
Ourense estreanova web de transporte urbano | onda cero

Os usuarios do transporte urbano de Ourense xa dispoñen dunha nova web onde atopar toda a información sobre o servizo de autobús da cidade. Anova web, dispoñible xa en ourense.avanzagrupo.com, foi deseñada pensando en ofrecer aos usuarios do transporte urbano de Ourense información sobre o servizo dunha forma clara e sinxela. Mellorouse a súa usabilidade, navegabilidade e a estrutura dos contidos. Todo isto adaptado a versión móbil e dispoñible en galego e castelán.

Ademais do deseño, no novo sitio web os usuarios poderán acceder a un listado completo de liñas con descrición orixe – destino e un acceso directo a toda a información de cada liña. En cada itinerario pódese consultar o detalle das diferentes paradas en cada sentido, o número de parada e os horarios organizados segundo o sentido da liña e o día da semana. Tamén, se o usuario o desexa, pode descargar toda esta información en formato PDF.

Así mesmo, mellorouse a información de tarifas, Tarxeta Milenio, puntos de recarga, avisos e servizos especiais como as paradas a demanda e o tren turístico. Todo isto coa intención de seguir traballando nunha mellora continua engadindo novas funcionalidades para os usuarios do trasporte urbano de Ourense.

Comprometidos coa mellora da atención ao cliente

Coa presentación desta nova web, Avanza reafirma o seu compromiso na mellora da atención ao cliente. O novo sitio dixital posicionase coma un punto de encontro de información actualizada sobre o servizo do transporte urbano da cidade, de grande utilidade para os usuarios habituais como visitantes a Ourense que atopan no bus urbano una forma cómoda, económica esostible de mobilidade.