O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome desprazouse á cidade de Oviedo nunha viaxe institucional que tiña como finalidade coñecer a forma de traballar de diferentes servizos públicos que se prestan na cidade a través de concesións municipais.
O rexedor ourensán interesouse polos sistemas de limpeza viaria que se utilizan na cidade asturiana, os traballos de eliminación de pintadas, o funcionamento do servizo de recollida de lixo por franxa horaria, o mantemento de parques infantís, e políticas medioambientais.
O alcalde mantivo un encontro co alcalde de Oviedo, Alfredo Canteli, do Partido Popular, na que se interesou polas políticas que desenvolve desde o seu goberno municipal. Canteli agasallou o alcalde cun exemplar de La Regenta, de Leopoldo Alas “Clarín”, que definiu como “obra icónica” da cidade de Oviedo.