Agrogandeiro

Iniciada a parte práctica do curso de agricultura

O alumnado está a aplicar os coñecementos adquiridos na parte teórica sobre técnicas básicas e operacións auxiliares en agricultura na finca de ensaios deste organismo.

Óscar Gómez

Ourense | 26.06.2023 08:53

 Iniciada a parte práctica do curso de agricultura
Iniciada a parte práctica do curso de agricultura | onda cero

Esta acción formativa en técnicas básicas e operacións auxiliares en agricultura comezou un ano máis cun dobre obxectivo: dotar de coñecementos ás persoas en risco de exclusión social, nun dos sectores que máis demanda ten actualmente de man de obra cualificada na provincia, así como colaborar con Cáritas coa doazón do produto resultante do seu traballo, mantendo o compromiso social do Inorde co tecido social da provincia.

Tralo módulo de alfabetización e da parte teórica do curso, o alumnado comeza agora coa formación eminentemente práctica que está relacionada cos labores de cultivo máis habituais na zona, para que poidan desenvolver un traballo agrario cun mínimo de aptitudes técnicas. Na terceira fase do curso, ensinaráselles os pasos a realizar durante os labores de almacenaxe e transformación primaria dos produtos agrícolas sobre os que traballaron na fase práctica de técnicas de cultivo. Posteriormente, destinarase toda a produción agraria obtida durante a formación en campo, a paliar as demandas de alimentos que Cáritas Ourense asume durante todo o ano.

Este curso leva formando, nestes dez anos, a máis de 100 persoas, dotándoas de habilidades e coñecementos técnicos para acadar un lugar na estrutura produtiva do sector primario, para que poidan atopar un posto de traballo neste sector ou que inicien procesos de emprendemento e autoemprego.