Concello de Ourense

Francisco Cacharro novo coordinador xeral do Concello de Ourense

O candidato posúe “grandes coñecementos xurídicos e amplo coñecemento da administración local”, afirma o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome.

Óscar Gómez

Ourense |

Francisco Cacharro novo coordinador xeral do Concello de Ourense | Faro de Vigo

A Concellería de Recursos Humanos resolveu que a mellor candidatura para ostentar o cargo de coordinador xeral do Concello de Ourense é a de Francisco Cacharro. Actual secretario da Deputación provincial, Cacharro Gosende incorporarase ao equipo municipal esta mesma semana, logo de que unha xunta de goberno local extraordinaria ratifique o seu nomeamento.

O candidato posúe “grandes coñecementos xurídicos e amplo coñecemento da administración local”, afirma o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, “así como un grande criterio político”, asegura. Entre as súas obrigas estará a de “engrenar como corresponde a maquinaria do Concello”, di o rexedor.

O alcalde asegura que Cacharro Gosende ocupará unha vacante sen cubrir no Concello de Ourense, que é a de coordinador xeral creada en 2013 polo goberno bipartito, “en ningún caso se están creando unha praza nova”, asegura