Ourense Cidade

O PP denuncia falta de transparencia na presentación do borrador dos orzamentos

Ana Méndez, denuncia, tras a xunta de portavoces convocada polo alcalde sobre o borrador dos orzamentos municipais, a “falta absoluta de información e de diálogo” por parte do Goberno local.

Onda Cero Ourense

Ourense |

Ana Méndez, portavoz do PP no Concello de Ourense
Ana Méndez, portavoz do PP no Concello de Ourense | Onda Cero Ourense

Neste senso os populares critican a falta de diálogo previo antes de recibir a documentación: “Resulta preocupante que se nos envíe un borrador sen ningún tipo de aviso e, o que é máis grave, sen ningún intento de consenso ou participación dos grupos da oposición na súa elaboración”, lamenta a Ana Méndez.

A popular lembra ademais que o alcalde “non conta con maioría absoluta” e que o Partido Popular “é o primeiro grupo da oposición e o que conta con maior respaldo dos veciños”.

Desde o PP avanzan que continuarán a estudar o documento en detalle para facer unhas aportacións que cumpran coas necesidades reais da cidade. “Presentaremos as correspondentes emendas, porque é a única vía que temos para incorporar as nosas propostas e mellorar uns orzamentos que non foron dialogados”, explica a voceira.