Violencia Machista

Ingreso en cadea o acusado de disparar a súa ex parella en Verín

Tras prestar declaración en Verín, o acusado dos disparos que deixaron ferida grave á sua ex parella foi enviado a cadea por orde xudicial. A vítima segue ingresada pero fora de perigo.

Jesús Álvarez

Ourense |

Concentración contra a violencia machista en Verín (Ourense)
Concentración contra a violencia machista en Verín (Ourense) | Concello Verín

A xuiza do Xulgado de Instrucción número 1 de Verín, María Iglesias Bueno, decretou o ingreso en cadea provisional e sen fianza do home detido o pasado domingo nesta localidade ourensán coma presunto autor dos disparos que deixaron ferida grave a sua exparella.

O presunto agresor deste novo caso de violencia machista está investigado por "tentativa de homicidio, quebrantamento de medidas cautelares de alonxamento e tenencia ilícita de armas".

A xuiza acordou tamén extender a orde de alonxamento da vítima acordada polo Xulgado de Xinzo en xullo de 2024, prohibíndolle aproximarse ou comunicarse con ela e cos seus tres fillos menores.

En paralelo, diante da Subdelegación do goberno de Ourense gardábase un minuto de silencio para rexeitar o último crime machista acontecido en Cáceres e para expresar a solidaridade ca familia e persoas achegadas á vitima

O secretario xeral da subdelegación do goberno, Manuel Arias pedía "non normalizar a violencia de xénero" e brindaba todo o respaldo institucional e dos corpos e forzas de seguridade para combatila calificando coma "alarmante" a situación actual na que 562 mulleres están baixo protección na provincia de Ourense.