Durante a inspección, os técnicos comprobaron que baixo a lousa de formigón (que orixinalmente servía de base para o antigo adoquín) existe un oco de grandes dimensións. Segundo a documentación técnica dispoñible, non consta a existencia de redes de servizos (auga, saneamento ou gas) nese punto concreto, polo que se están a investigar as causas do desprazamento de terras.
Medidas adoptadas
Corte total ao tráfico por motivos de estrita seguridade, a rúa permanecerá pechada ao paso de vehículos mentres se executan os traballos de reparación necesarios para emendar a deficiencia e garantir a estabilidade do firme. O Concello prega aos condutores que utilicen rutas alternativas e desculpa as molestias que esta medida de urxencia poida causar.

