Ourense Cidade

Constituída a ComisiónTécnica da Mobilidade do Concello de Ourense

O concelleiro de Infraestruturas, Miguel Caride, sinala que o obxectivo é supervisar e levar a cabo as accións propostas no PEMUS

Óscar Gómez

Ourense | 10.07.2020 08:23

Plan de movilidade de Ourense
Plan de movilidade de Ourense | La Voz de Galicia

Quedou constituída a Comisión Técnica da Mobilidade, que ten como obxectivo supervisar e levar a cabo as accións e propostas recollidas no Plan Especial de Mobilidade Urbana Sostible (PEMUS), como así puxo de manifesto o concelleiro de Infraestruturas e Transportes, Miguel Caride, que presidiu a reunión, e da que forman parte a concelleira de Seguridade, María Fernández, Dibuja, a xefa da Policía Local, María Barrera, a concelleira de Urbanismo, Sonia Ogando, así como técnicos da área de Infraestruturas e Transportes.

Entre os asuntos abordados destaca a posta en marcha da oficina municipal da Mobilidade, así como a implantación da zona 30, limitación de velocidade, en diferentes zonas da cidade, xunto con outras cuestións que se plasman no PEMUS, coas que se pretende conquerir unha cidade “moito máis sostible”, favorecendo unha “pacificación do tráfico rodado”, como puxo de manifesto Miguel Caride.