Ourense Cidade

O Concello de Ourense reclámaralle á Xunta a reparación da Avenida de Zamora

O alcalde lamenta o estado “terceiromundista” da vía, con “fochancas tremendas” que poñen en perigo a seguridade viaria, e reclamaralle “unha vez máis” á administración autonómica para que arranxe o mal estado.

Óscar Gómez

Ourense | 02.04.2024 12:16

O Concello de Ourense reclámaralle á Xunta a reparación da Avenida de Zamora
O Concello de Ourense reclámaralle á Xunta a reparación da Avenida de Zamora | onda cero

O Concello de Ourense requírelle á Xunta de Galicia que acometa a urxente reparación das múltiples deficiencias que presenta a Avenida de Zamora, da que é titular a Administración autonómica. Así o manifestou esta mañá o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, quen avanza que desde o Concello lle remitirá unha petición “para que repare de inmediato o malísimo estado no que se atopa a rúa”, con múltiples deficiencias que poñen en perigo a seguridade viaria. O rexedor subliña que esta céntrica rúa da cidade “leva anos de descoido, ten unhas fochancas tremendas e un aspecto terceiromundista”.

O Concello de Ourense reclámaralle á Xunta a reparación da Avenida de Zamora
O Concello de Ourense reclámaralle á Xunta a reparación da Avenida de Zamora | onda cero

Pérez Jácome refire que “moita xente na cidade queda impresionada polo mal estado da rúa e cre que o Concello é responsable. Temos que deixar claro que o Concello non é responsable da rúa porque a titularidade e a responsabilidade do mantemento é da Xunta de Galicia”.

Por este motivos, indica o alcalde que “faremos as instancias pertinentes de forma urxente, xa se fixo moitas veces e non fixeron caso e volveremos facelo unha vez máis”. O goberno municipal valora tamén levar o asunto ao pleno ou mesmo trasladar esta demanda ao Parlamento da Xunta de Galici