O Concello de Ourense felicita aos tres clubs ourensáns polos éxitos deportivos desta tempada que remata, e anuncia que organizará unha recepción oficial no Auditorio Municipal para celebrar os ascensos acadados.
Nos vindeiros días se confirmará o día e a hora da recepción, que será un gran evento cos xogadores e persoal dos equipos, e incluso afeccionados que queiran achegar.
O Hereda Club Ourense Baloncesto acadaba o ascenso á categoría da Liga LEB ORO. O Ourense Club de Fútbol conseguía, o pase á Segunda división da Liga RFEF, tras gañar en Madrid. A estes éxitos hai que sumar o ascenso a Terceira división da Liga RFEF que obtiña a Unión Deportiva Ourense o pasado fin de semana.