Ourense Cidade

O Concello de Ourense pon en marcha a campaña “Ourense 30”

Para levala a cabo a Policía Local contará con radares cedidos pola Dirección Xeral de Tráfico

Óscar Gómez

Ourense |

O Concello de Ourense pon en marcha a campaña “Ourense 30” | Faro de Vigo

O Concello de Ourense pon en marcha, unha campaña de sensibilización de control de velocidade. Para levala a cabo a Policía Local contará con radares de reforzo cedidos pola Dirección Xeral de Tráfico, e tal e como asegura Telmo Ucha, concelleiro de Seguridade Cidadá, estes elementos foron “postos a disposición do Concello para que poidamos realizar, ao mesmo tempo, tanto o que é control de velocidade con vehículos rotulados como con vehículos camuflados”.

Esta campaña realizarase nas principais estradas, naquelas nas que se detectou un maior número de queixas veciñais polo exceso de velocidade. Estas son a avenida da Habana, rúa Progreso, rúa da Saínza, así como diversas rúas de Vistafermosa, O Couto ou Barrocás. “Amais realizaranse servizos de control por todo o casco urbano e durante un mínimo de 10-15 días dun modo moi intenso para tentar sensibilizar e concienciar a xente de que a velocidade á que nos temos que habituarnos a ir é de 30 km hora de máximo”, segundo afirma o concelleiro.