O Concello autoriza as pulpeiras a retomar a actividade na rúa extremando as medidas de seguridade sanitaria
O concelleiro de Comercio, Telmo Ucha, reuniuse esta mañá con representantes da asociación de pulpeiras, que se comprometeron a cumprir todos os protocolos e restricións.
A Policía Local velará por que a actividade se desenvolva en condicións seguras para evitar a propagación da COVID-19
O Concello de Ourense autoriza as pulpeiras a retomar a súa actividade nas rúas da cidade sempre que extremen o cumprimento dos protocolos e medidas de seguridade sanitarias. Así llo comunicou esta mañá o concelleiro de Comercio e Seguridade Cidadá, Telmo Ucha, a Isaura González, presidenta da Asociación de Pulpeiras de O Carballiño, Arcos e Ourense, e outros representantes da Confederación Empresarial de Ourense.
O desenvolvemento da actividade queda en todo caso condicionado a que non se xeneren riscos nin se ocasionen congregacións dun grande número de persoas. A actividade estará suxeita á supervisión da Policía Local de Ourense, que velará porque se desenvolva de forma axeitada e segura.
A autorización ás pulpeiras é extensiva tamén a outros postos individuais de venda de comida na rúa, como son os de castañas ou churros