Concello de ourense

O Concello instalará catro novos parques de chorros da auga

“Serán similares ao xa instalado no parque da zapatilla en San Francisco, e servirá de atractivo para a zona, ademais de refrescar á rapazada nestas semanas de verán”

Óscar Gómez

Ourense | 11.07.2022 08:07

O Concello instalará catro novos parques de chorros da auga
O Concello instalará catro novos parques de chorros da auga | onda cero

O Concello instalará catro novos parques de chorros de auga nas próximas semanas. Estas instalacións, teñen coma obxectivo principal o desfrute da rapazada, sobre todo nestas semanas de altas temperaturas na cidade. Os xogos, estarán situados no Couto, en Santa Teresita, Barrocás e A Cuña.

O alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, explica que “serán similares ao xa instalado no parque da zapatilla en San Francisco, e servirá de atractivo para a zona, ademais de refrescar á rapazada nestas semanas de verán”.

A previsión é que dous destes chorros da auga estean en funcionamento a finais deste mes, e na seguinte semana o resto.