Ourense Cidade

O Concello inicia as obras de acondicionamento de firme no barrio da Carballeira

Con motivo das obras que executa a Xunta de Galicia na rúa Marcelo Macías, e que provocaron o desvío do tráfico de vehículos por este barrio, parte dos traballos realizaranse en horario nocturno.

Óscar Gómez

Ourense | 15.09.2020 12:32 (Publicado 15.09.2020 12:31)

Obras no barrio da Carballeira
Obras no barrio da Carballeira | La Region

O Concello de Ourense, a través da Concellería de Infraestruturas, comezará este martes, 15 de setembro, as obras de acondicionamento de firme en varias rúas do barrio da Carballeira: Martínez Sueiro, Nicomedes Pastor Díaz e Castelo Ramiro. As actuacións centraranse no fresado e reposición de firme, e teñen un orzamento de 47.993,13 € e un prazo de execución de catro días.

Na rúa Martínez Sueiro actuarase sobre a totalidade da vía; en Nicomedes Pastor Díaz, desde a intersección con Castelo Ramiro até o final da rúa; e en Castelo Ramiro, desde a intersección con Nicomedes Pastor Díaz até a praza da Lexión. Con motivo das obras que desenvolve a Xunta de Galicia na rúa Marcelo Macías, e que desvían o tráfico de vehículos polo barrio da Carballeira, o Concello realizará parte dos traballos en horario nocturno para non entorpecer o tráfico.

Obras no barrio da Carballeira
Obras no barrio da Carballeira | Ourense.com

Mellora e pintado de varandas

A área de Infraestruturas proseguirá tamén, a vindeira semana, os traballos de pintado e rehabilitación de varandas en diferentes puntos da cidade, logo de actuar na zona do Couto e As Camelias. As rúas que serán obxecto de revisión serán: Nuño de Ousende, Xoán de Nóvoa, Arturo Pérez Serantes, Emilia Pardo Bazán, A Canle, Amor Ruibal, Xosé Cornide, O Regato, A Saínza, Rodríguez da Passera, Manuel Murguía, Pena Trevinca e nas escaleiras que unen a praza de San Cosme e Damián con Pena Trevinca.

Os traballos, cun prazo de execución aproximado de 6 semanas, contan cun orzamento de 17.661,28 €.