O convenio ten como obxectivo ofrecerlles ás persoas que se atopan en situación de vulnerabilidade, unha atención eficaz e reparadora que, dende una perspectiva coordinada de intervención comunitaria, permita identificar claramente as necesidades prioritarias que requiran dunha resposta inmediata e/ou dun plan de intervención individualizada. Estímase que no ámbito do Concello de Ourense, directa e indirectamente poderanse beneficiar deste proxecto entre 2.000 e 2.500 persoas, especialmente no ano actual, marcado pola crise sanitaria e as súas consecuencias económicas.
O Concello destinará a este convenio unha achega económica de 75.000 euros, a través dunha subvención nominativa.
Na mesma sesión, a xunta de goberno local aprobou o pagamento de 3 convenios de colaboración asinados polo Concello de Ourense con entidades sociais do ámbito sanitario, por un importe total de 75.000 euros (25.000 euros cada un).
O convenio co Comité Cidadán Antisida ten por obxecto de financiar gastos do Programa de reducción de riscos en usuarios de drogas por vía parenteral para o ano 2019. O convenio coa Fundación Monte do Gozo Proxecto Home ten como finalidade o financiamento dos gastos de rehabilitación e reinserción sociolaboral en réxime residencial de condutas aditivas para drogodependentes. O convenio coa Asociación de Axuda ao Toxicómano (ATOX) ten por obxecto financiar gastos do Programa piso de acollida para a incorporación social para o ano 2019.

