Ourense Cidade

O Concello compromete 50.000 euros para a nova sede da Asociación Española Contra o Cancro

O alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, recibiu esta a directiva da AECC encabezada pola súa presidenta, María Isidora Gómez Segade, a subvención, nominativa para este 2021, deberá aprobarse polo Pleno.

Óscar Gómez

Ourense | 20.01.2021 08:45

O Concello compromete 50.000 euros para a nova sede da Asociación Española Contra o Cancro
O Concello compromete 50.000 euros para a nova sede da Asociación Española Contra o Cancro | onda cero

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, comprometeu unha axuda de 50.000 euros para a nova sede da Asociación Española Contra o Cancro (AECC). Fíxoo no transcurso dunha reunión coa directiva da AECC, representada pola súa presidenta, María Isidora Gómez Segade, e Alberto de Paula, cos que tivo a oportunidade de coñecer os detalles do traslado da súa sede á rúa de Doutor Marañón.

O rexedor recoñeceu a importancia desta asociación sen ánimo de lucro, que “fortalece e complementa o labor doutras institucións”. Ademais de contribuír á dinamización do centro histórico da cidade, Pérez Jácome salienta que “a nova sede a axudará a dar servizo aos ourensáns que teñen que pasar por este lance cando a vida dá estes reveses”. Así, o Concello manifesta o seu propósito de seguir colaborando coa AECC nos proxectos que desenvolve a prol da veciñanza de Ourense.

A subvención nominativa chegará este 2021 e deberá aprobarse polo Pleno.