Concello de ourense

O Concello abrirá o día 13 o prazo de inscrición nas actividades infantís dos centros cívicos

O obxectivo é proporcionar alternativas de lecer activo e de calidade para os nenos e as nanas, ao tempo que contribuír á conciliación familiar e laboral.

Óscar Gómez

Ourense | 07.09.2021 09:31

Centro Cívico A Ponte Ourense
Centro Cívico A Ponte Ourense | Concello de ourense

O Concello iniciará o día 1 de outubro a programación de actividades infantís que organiza nos centros cívicos municipais. As familias interesadas poderán solicitar praza desde o próximo luns, 13 de setembro a través da páxina web da www.sscociaiscursos.com As actividades son gratuítas, están dirixidas a escolares de Educación Infantil, Primaria e ESO empadronados en Ourense e realizaranse nos 5 centros cívicos: Colón, A Cuña, A Ponte, As Termas e Seixalbo. O obxectivo é proporcionar alternativas de lecer activo e de calidade para os nenos e as nanas, que ademais aprender a relacionarse convivindo con outros rapaces e rapazas, ao tempo que contribuír á conciliación familiar e laboral. Hai tres propostas:

  • Actividades semanais, de luns a venres, de 17:30 a 20:00 horas, para nenas e nenos quen nacesen entre o 2012 e o 2018, ambos incluídos.

  • Actividades dos sábados de 10:30 a 13:00 horas, para nenas e nenos de Educación Infantil e Primaria

  • Apoio Escolar, no Centro Cívico Colón, 3 días á semana, para nenos e nenas dende 5º de EP a 2º de ESO

Debido ás restricións sanitarias haberá so un grupo de 6 persoas, incluído o monitor ou monitora por centro. Por este motivo neste curso haberá que elixir as actividades semanais por días e o reparto será en función da demanda, con tres quendas: (quenda 1 os luns e mércores, quenda 2 os martes e xoves e quenda 3, os venres).

O prazo de inscrición será do día 13 de setembro ás 9:00 horas da mañá ata o 19 de setembro as 00:00 horas. A admisión nas quendas será por orde de entrada e orde de preferencia. As prazas aumentarán a medida que se levanten as restriccións sanitarias.