O alcalde afirma que esta campaña é para a rapazada “un premio ao bo comportamento durante o confinamento”, e que compre con estes obxectivos: o fomento da lectura, o acceso universal aos libros e o apoio ao comercio local. Durante a visita, o alcalde anunciou que en só dous días, o 18% da poboación á que vai destinada a campaña xa pasou por unha libraría a recoller o seu libro.
A campaña 'Un libro desconfina a túa imaxinación', coa que o Concello agasalla cun libro a todos os ourensáns nacidos entre o 1/1/2002 e o 31/12/2016. Ademais, afirmou Pérez Jácome, esta campaña é “un anticipo do bono cultural do futuro”, de forma que cada un poida escoller a cultura que quere.