O proxecto que actualmente se atopa na fase postestativa, restrinxida a persoas afectadas que teñen que alegar contra o proxecto, insitucións, asociacións ambientalistas, entre outros; pero aínda non aberta á veciñanza, o BNG comprometeuse a seguir enviando mocións ás insitucións que se teñen pronunciar, concellos, Deputación, xunta e minsiterio para que o percorridos deste proxecto morra xa aquí e non chege á seguinte fase de presentación de proxecto definitivo e exposición pública
A intervención do enxeñeiro industrial, Esteban Suárez, puxo en tela de cuestión a utilidade desta central para cumprir os obxectivos de enerxía verde deste proxecto ao empregar máis enerxía para enviar auga á megabalsa que se construirá no coto Novelle que a que xerará, unha enrexía menor, pero a maior beneficio para a empresa unha vez sexa xerada.
Fins Eirexas, xeólogo e secretario técnico de ADEGA, puxo de manifesto os impactos de tunelación e movementos de terras que implica o proxecto para a comarca, así como importantes ausencias no proxecto que preocupan a asociación ambientalista, desde a duración da concesións, que supón a ampliación da concesión do encoro de Castrelo, até cal vai ser o réxime de funcionamento desta balsa ou que se vai facer co entullo resultado das obras que proven das tunelacións, se van ocupar manantiais ou canteiras, cuestións de gravidade que deberan figuran no proxecto e que non figuran.
A deputada Noa Presas sinalou a deixazón das insititucións á hora de informar á veciñanza a cerca de cuestións que lle afectan directamente, así como a posición do BNG a fovor da veciñanza forzando a oposición de todas as institucións en contra do proxecto para evitar que avance cara a vindeira fase do proxecto e morra xa na fase potestativa.
Presas foi moi contudente sinalando que o goberno central e o goberno da Xunta están traballando para o lobby eléctrico e dandolle as costas ao pobo, en vez de dar instrumentos á veciñanza para que se informe, para que xulgue e para que se defenda “por iso encontros coma os de hoxe con información técnica e de impactos o está facendo o BNG e organziacións ambientalistas como ADGA e non fan, como correspondería, as institucións públicas”. Presas remarcou que o BNG xa presentou mocións para posicionar os entes locais afectados en contra do proxecto e que se presentará iniciativas co mesmo fin na Deputación de Ourense, Xunta de Galiza desde o Parlamento galego e no congreso dos Deputados a través de Nestor Rego. Presas recordou que non se poden repetir os erros do século XX e permitir o que Otero Pedrayo con motivo da construción do encoro de Castrelo denominou “feudalismo enerxético”
A veciñanza dos concellos afectados manifestou o seu radical posicionamento en contra deste proxecto e que se faga o imposible para que se paralice xa na fase potestativa do proxecto antes de que avance a outra fase. Algúns veciños presentes rememoraron que se a oposición ao actual encoro supoxo durante a ditadura franquista a intervención do exército a cabalo contra a veciñanza acusandoa de sedición agora podrán facer algo máis.