POLICIA LOCAL OURENSE

61 axentes da policía local de Ourense denuncian ao concello por "inseguridade no traballo".

Na demanda presentada no xulgado do social denuncian o "incumplimento sistemático" da normativa de prevención de riscos laborais" e perxuizos "físicos e psicolóxicos".

Jesús Álvarez

Ourense |

A Policía Local realizou 3 dispositivos especiais esta fin de semana
A Policía Local realizou 3 dispositivos especiais esta fin de semana | La Region

Un grupo de 61 policías locais presentou unha demanda laboral no xulgado do social contra o Concello de Ourense por "presunta inseguridade no traballo e por falta de recursos materiais para atendelo" e reclaman 8 millóns de euros por danos e perxuizos. O colectivo denuncia a falta de equipos de protección individual coma pistolas táser, cascos, escudos ou pinchos para controis de tráfico ao tempo que acusa ao concello e xefatura de policia lcoal dun "incumplimiento reierado" da normativa de prevención de risgos laboráis.

O avogado dos axentes Alejandro Gil (do bufete Maio legal), sinalou que a denuncia "por falta de equipos e protocolos de atención" está xustificada ademáis por unha situación que ten desembocado en "problemas físicos e psíquicos importantes" que mesmo ten ocasionado numerosas baixas .

O letrado dos policías locais sinala que a demanda ainda está pendente de admisión a trámite para un posible xuizo pero matizaba que están dispostos a chegar a entendemento se antes se corrixe a situación.