O 20% das persoas que faleceron en Galicia o pasado ano en sinistros viarios non levaba posto o cinturón de seguridade. Por iso as autoridades insistiron na importancia de "concienciar" do seu uso e dos sistemas de retención infantil nunha nova campaña que pon en marcha a DGT ate o 16 de Marzo e que en Ourense comezaba cun punto de control da garda civil e policía local na zona de Benposta.
Na provincia de Ourense foron tres as persoas falecidas o pasado ano as que non facían uso do cinto de seguridade e no que vai de ano 2025 a única vítima mortal rexistrada ate a data, tampoco facía uso deste dispositivo. De ahí que tanto o Subdelegado do Goberno, Eladio Santos coma o Xefe Provincial de Tráfico, David Llorente fixeran fincapé na importancia de previr a seguridade utilizando estes elementos baixo a premisa de que non facelo comporta unha multa de douscentos euros e a perda de catro puntos do carné. Sen embargo para Llorente o importanmte é tomar conciencia de que "usar estes dispostivos de seguridade reduce as vitimas mortais non só ao voante senon tamén de pasaxeiros, algo que se ten demostrado en sinistros viarios acontecidos en autobuses".
Os impulsores desta nova campaña de seguridade viaria lembraban que o uso do cinturón de seguridade é obrigatorio en España para os conductores de vehículos dende 1975 e para os pasaxeiros dende 1992. Sen embargo, advertían que por exemplo nunha camapaña dunha semana realizada en Galicia o ano pasado, chegaron a detectarse 2000 infraccións.

