A posibilidade dunha moción de censura no Concello de Ourense esfúmase por completo.
O BNG, por boca do seu edil e deputado Xosé Manuel Puga declarou que agora non é momento de liarse e si de ofrecer esperanza ós ourensáns. Explicou que calquera movemento a día de hoxe soamente favorece ó partido do Alcalde, desviando o foco sobre o seu desgoberno e problemas xudiciais.
O edil nacionalista engadíu que o BNG está centrado en plantexar proxectos de cidade que xeneren ilusión e non en líos que cambien o foco e poñan a atención na oposición por que o momento da censura xa pasou.
Lembremos que os primeiros en postularse esta semana foron os populares como segunda forza máis votada e que posteriormente o PSOE dixo que suman máis que os populares co BNG, pero os nacionalistas non queren "leas nin líos".

