Ourense Cidade

Jesús Vázquez Abad acada o compromiso para licitar a Variante Norte

A reunión en Madrid, segundo valorou o alcalde de Ourense, foi amable e serviu para poñer sobre a mesa “a necesidade de desbloquear unha infraestrutura clave para o desenvolvemento económico e termal da cidade e que está pendiente desde hai máis de 20 anos

ondacero.es

Ourense | 10.01.2019 18:30

Jesus Vazquez, alcalde de ourense
Jesus Vazquez, alcalde de ourense | La Voz de Galicia

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, mantivo unha reunión esta mañá no Ministerio de Fomento co secretario de general de Infraestruturas, José Javier Izquierdo Roncero, para reivindicar a necesidade de activar as obrasdo primeiro tramo da Variante Norte (Eirasvedras-Quintela), un compromiso xa do anterior Goberno Central e para o que estaban comprometidos 30 millóns de euros.

O encontro de traballo transcurriu dun xeito amable, no que o alcalde de Ourense logrou que o secretario xeral de Infraestruturas avanzase o compromiso de rematar o proxecto construtivo “nun período breve de tempo” para poder licitar este primeiro tramo da Variante Norte durante o presente ano 2019.De feito, Jesús Vázquez puxo sobre a mesa “a necesidade de desbloquear unha infraestrutura clave para o desenvolvemento económico e termal da cidade, e que está pendiente desde hai máis de 20 anos”.

Durante a reunión institucional, o rexedor ourensán enfatizou a importancia de licitar o primeiro tramo deste proxecto estratéxico da cidade “porque nos permitirá desenvolver a área termal da zona e a creación de postos de traballo vinculados á mesma, algo que é fundamental para o futuro de Ourense: porque suporá a vertebración da cidade e a creación do Bulevar Termal, clave para poñer en valor as marxes do río Miño e a nosa riqueza termal”.

A reunión foi froito da insistencia do rexedor ourensán, que desde finais de setembro remitiulle tres cartas ao Ministerio de Fomento para solicitar unha reunión á maior brevidade co ministro, José Luis Ábalos, co gallo de tratar sobre a parálise da construción deste tramo.

--