Presupuestos Estado

Javier Losada acusa ao PP de "mentir" sobre a Variante Norte

O delegado do goberno en Galicia, Javier Losada saíu ao paso das criticas do PP pola consignación de cero euros nos orzamentos do estado en 2019 para o proxecto da Variante Norte

ondacero.es

Ourense | 18.01.2019 08:18

Javier Losada
Javier Losada | La Voz de Galicia

O delegado aseguraba que "é difícil facer en 7 meses o que o PP non fixo en 7 anos" e aclaraba que nun plan plurianual está consignado un millón de euros para executar en 2020. Será nese ano cando se poida facer a licitación da Variante Norte e incluso comezar obras do tramo de Eirasvedras. Antes debe concluirse a redacción coa correspondente auditoria de seguridade que faltaba. Por iso, o delegado do goberno en Galicia pedía ao alcalde de Ourense Xesus Vázquez e tamen ao deputado popular ourensá Celso Delgado que deixasen de "mentir"e apoiasen os orzamentos facendo a fronte común que están reclamando.

O delegado do goberno en Galicia suliñou "o compromiso do goberno do estado con Ourense tanto por ser porta da alta velocidade de Galicia coma pola necesidade de impulso social que precisa". Neste contexto remarcou a critica ao pp por deixar sen executar mais de dousmil millons de euros en Galicia nos últimos anos que tería "situado á provincia de Ourense no top ten das inversións". Ademais dos 246 millóns de euros consignados este ano para concluir a liña do Ave, lembrou o delegado do goberno que hai un compromiso social e que un de cada tres ourensáns verán dignificada a sua pensión ou salario e atenderase a 8000 beneficiaros da Lei de dependencia. Asemade o goberno consignou 80 millóns de euros a Galicia para loitar contra o problema demográfico. Axudas para loitar contra a violencia de xenero, subsidios a parados de mais de 52 anos, máis inversión en becas e loita contra a pobreza infantil son outras das medidas que segun o delegado do goberno recollen uns orzamentos que "priorizan nas persoas antes que o cemento" e son "realistas"