Municipal

Jácome retira da orde do día o punto sobre aprobación da contratación das luces de Nadal

O PP apoiou a Democracia Ourensana para que prosperara a retirada do punto

Paco Sarria

Ourense |

Jácome retira da orde do día o punto sobre aprobación da contratación das luces de Nadal
Jácome retira da orde do día o punto sobre aprobación da contratación das luces de Nadal | La Región

O pleno do Concello de Ourense aprobou hoxe por unanimidade a sinatura dun convenio coa Xunta de Galicia para desenvolver o programa de o que non evitou as críticas da oposición pola dilación e a política municipal en materia social.

Así a nacionalista Rut Reza falou de falla de previsión e incapacidade mentres que a socialista Natalia González falou de parche e lembrou que ainda tardará en levarse a efecto.

En liña semellante expresouse dende a oposición a popular Noelia González,

Defendeu a proposta a concelleira de Democracia Ourensana Tamara Silva, quen negou que o grupo de goberno esté facendo recortes no apartado social.

En canto ó punto que recollía levantar os reparos da intervención municipal para contratar as luces de Nadal o PP respaldou a Democracia Ourensana para a retirada do punto da orde do día, o que non impedíu o debate no que o Bloque lembrou que ainda é adebedada a factura de luces do ano pasado.

Respostou o Alcalde lembrando que si non foi pagada a factura foi por que, estando autorizado o pago cos votos populares, cando chegou a pleno foi rexeitada pola maioría da oposición.

No arranque da sesión o Alcalde ordenou desaloxar a traballadores da empresa Hispamoldes que despregaron unha faixa reivindicativa no poleiro.