Ourense Cidade

Un 80% de ocupación na ponte de Decembro na provincia de Ourense

Os datos provisionais confirman as previsións esperadas nunhas datas nas que tradicionalmente aumenta a demanda tanto no turismo urbano como no rural

ondacero.es

Ourense |

turismo ciudad de ourense | onda cero

Os establecementos hoteleiros de Ourense acadaron unha ocupación do 80% durante a pasada ponte de decembro. Así o sinala o balance provisional realizado polo Clúster de Turismo de Galicia nuns datos que amosan unha vez máis a importancia destas datas na nosa demanda turística, especialmente no turismo urbano, o turismo rural e as escapadas de última hora.

Este primeiro balance basease en valoracións proporcionadas por representantes do sector, principalmente do ámbito hoteleiro, que ofrecen unha visión aproximada á espera dos datos definitivos. O resultado confirma as previsións esperadas nunha ponte que tradicionalmente funciona ben, malia que nesta ocasión unha das xornadas festivas coincidiu en fin de semana.

Segundo o sector, ao 80% de ocupación media na capital, engádese o 70% rexistrado na Ribeira Sacra. En xeral, os datos da provincia superan, así mesmo, o 50% de ocupación.

A desestacionalización da chegada de visitantes é precisamente un dos retos polos que traballa a Estratexia do Turismo de Galicia 2020, o documento impulsado pola Xunta froito da colaboración público-privada. Así, trátase de poñer en valor, dun xeito sustentable, unha oferta atractiva durante todo o ano a través de experiencias vencelladas a recursos propios como o termalismo, a natureza, o patrimonio, o enoturismo ou o turismo activo, entre outros.