Lumes

Máis de 1400 has ardidas en Ourense esta fin de semana

Solo en Chandrexa van ardidas máis de 1000 has

Paco Sarria

Ourense |

Máis de 1300 has ardidas en Ourense esta fin de semana
Máis de 1300 has ardidas en Ourense esta fin de semana | Paco Sarria

Máis de 1300 hectáreas levan ardidas na provincia de Ourense dende esta fin de semana en tres lumes forestais.

É prácticamente a superficie total ardida o ano paso.

Maceda, Vilariño de Conso e Chandrexa de Queixa (na parroquia de Requeixo) son as localizacións, sendo este último o máis complexo e no que van ardidas máis de 1000 hectáreas.

É ademáis o de maior magnitude dos rexistrados en Galicia este verán.

A dificultade en sofocalo radica na orografía, polo que está sendo atacado fundamentalmente con ata 17 medios aéreos entre avións e helicópteros.

A principal preocupación radica en que non chegue a afectar ó parque do Invernadoiro, creéndose que foi intencinado.

Preocupa tamén o localizado en Castro de Escuadro (Maceda), onde o sábado chegou a decretarse o nivel 2 de alerta con varios desaloxos.

Neste caso van ardidas 400 hectáreas partindo as lapas de 6 focos, polo que se cree tamén que foi intencionado.

O terceiro lume declarouse na tarde de onte na parroquia de Mormentelos, no Concello de Vilariño de Conso, onde van ardidas 20 hectáreas, quedando controlado o de Padrenda, onde arderon 40 hectáreas.

A todos eles hai que engadir, por relativa cercanía o que afecta á paraxe natural de As Médulas, na provincia de León.