Psoe Ourense

Elvira Lama, nova voceira do Psoe na Deputación de Ourense

A concelleira socialista en Xinzo de Limia e deputada provincial, Elvira Lama é dende hoxe a nova voceira do Psoe na deputación de Ourense en sustitución de Francisco Fraga

ondacero.es

Ourense | 14.12.2018 12:21

elvira lama
elvira lama | la voz de galicia

O acordo da remuda proposto esta semana pola executiva provincial foi ratificado nas últimas horas nunha xuntanza dos deputados provinciais nos que cinco se pronunciaron a favor e dous en contra. Os contrarios ao cambio foron Isabel Gil e Vicente Gómez, este último tamén advertido da posible apertura dun expedente. Á xuntanza non asistiu o xa cesado Francisco Fraga que de momento manterase no escano.